As propostas

Este é o listado final das propostas que podes votar nos Orzamentos Participativos na área de Xuventude. Foron seleccionadas entre todas as achegas presentadas, por seren as que cumpren os requisitos establecidos no proceso: son tecnicamente viables, non superan cada unha delas o orzamento máximo de 15.000 euros, poden ser executadas polo Concello dentro das súas competencias, non son investimentos, e considéranse actividades de interese xeral dirixidas á mocidade.

Para facilitarche o proceso, podes atopar as propostas finais agrupadas por áreas temáticas. Podes velas despregando cada pestana ou a través do cartel.

Lembra que é obrigatorio votar tres delas, indicando o grao de preferencia. Podes votar facendo click no botón superior, entre o 19 de febreiro e o domingo 10 de marzo ás 23:59 horas.

Moitas grazas pola túa participación.

  • 001 Actividades de música e cultura tradicional galega: baile, pandeireta, foliadas abertas, etc.
  • 002 Concerto de música con grupo ou artista referente da escena musical actual.
  • 003 Programación de festivais de música por xéneros: rock, indie, electrónica/techno, rap/hiphop e rock alternativo.
  • 004 Festival estival de música urbana con artistas emerxentes de hip-hop, rap, reggaetón, trap, freestyle e outros estilos contemporáneos.
  • 005 Festival de música con artistas emerxentes, grupos ou bandas (locais e galegas.)
  • 006 Festival de música urbana galega na que diferentes artistas propoñan temas orixinais en lingua galega coa elección dos favoritos por parte do público.
  • 007 Concertos “sesións matinais” dirixidos á mocidade na Praza de Abastos.
  • 008 Solfeo 0. Encontro musical para o coñecemento, formación e visibilización de grupos e bandas (locais).
  • 009 Evento musical de inicio ou fin de curso.
  • 010 Festival Holi con actuacións musicais (festa de po de cores).
  • 011 Concerto de banda inclusiva con ambiente colectivo inclusivo.
  • 012 Noite fashion nas tendas de promoción de roupa sen medida para a mocidade, con actividades de música (DJ).

  • 013 Festival artistas locais emerxentes e taller de arte urbano dirixido á mocidade.
  • 014 Obradoiros de olaría como coñecemento da técnica e actividade de relax.
  • 015 Feira (exposición, exhibición-taller, intercambio, ...) con diferentes expresións artísticas urbanas e con espazos para artistas emerxentes: graffiti, malabares, pintura, xoias, tatoo, ... con actividades lúdicas, musicais e gastronómicas.
  • 016 Taller de graffitis. Aprendizaxe e visibilización como arte.
  • 017 Taller de pintura creativa.
  • 018 Actividades de promoción de danza.

  • 019 MEMESáPRAZA. Na busca da MEmoria do MErcado de abastoS.
  • 020 Desfile pola zona vella de personaxes senlleiros de Galicia con actividades de música, contos, etc,...
  • 021 Xornadas sobre festividades populares e estivais como San Xoán. Explicación das herbas, das augas...
  • 022 Xincana cultural: creación dun percorrido por Santiago e as súas zonas emblemáticas, seguindo unha serie de pistas e probas dinámicas sobre diversos temas.
  • 023 Programa e actividades (visitas guiadas, xogos, ...) en diferentes espazos culturais: museos, teatros, ...
  • 024 Pasos cara a periferia. Actividades para a integración e coñecemento do medio rural, dos lugares, do seu patrimonio, valores paisaxísticos, etc.
  • 025 Fin de semana cultural para a mocidade: programacións de actividades culturais e de lecer dirixidas á mocidade.
  • 026 Encontro de escritoras e escritores xuvenís con actividades de animación á lectura.
  • 027 Bibliobus no rural dirixido á mocidade.
  • 028 Programa de aprendizaxe intensiva de formación de idiomas dirixido á mocidade.
  • 029 Festival faroliños (luces) tailandeses. Actividade dirixida ao coñecemento doutras culturas (budismo).
  • 030 Viaxes culturais para coñecer outros lugares de Galicia.
  • 031 Programa de intercambio de libros, xogos, contos... a través dun posto fixo habilitado.
  • 032 Campamento de aprendizaxe cooperativa para a mocidade con actividades culturais, ambientais, etc.
  • 033 "Lendas de Compostela": Unha viaxe a través do tempo e a fantasía. Evento cultural e artístico (teatro, narracións, etc) que celebre as historias, mitos e lendas.

  • 034 Cine ao aire libre (autocine, parques ....) con opción de selección de películas.
  • 035 Cine en galego que dea a coñecer a cultura audiovisual galega.
  • 036 Proxecto WAWA. Proxección de películas con actividades (charlas, talleres, ...) para mostrar a cultura do cine e con ciclo de proxección-exposición de curtas.
  • 037 Xornadas de cine para novas creadoras e creadores locais (coñecemento, intercambio e aprendizaxe).

  • 038 Feira científica, con charlas, con actividades, exposicións, experimentos...
  • 039 Ruta Museos Santiago de Compostela. Trazado dun percorrido para a visita organizada.
  • 040 Evento do saber. Intercambio interxeracional para compartir coñecementos e aprendizaxes sobre temáticas da vida cotiá (gastronomía, xogos, uso das novas tecnoloxías, ...).
  • 041 Obradoiros para o coñecemento da “vida adulta” en diferentes facetas (relacións laborais, impostos, relación coa administración, etc).

  • 042 Xornadas inspiradoras para a xuventude con boas prácticas ou exemplos que sexan referencia en diferentes ámbitos: deporte, música, arte, desenvolvemento persoal, etc.
  • 043 Feira de emprendemento xuvenil. Programación dunha mostra local de xente nova e emprendedora para dar a coñecer a súa iniciativa, compartir experiencias, mostra produtos e servizos, etc.
  • 044 Taller de videoclips dirixido a artistas e creativos locais emerxentes.
  • 045 Talleres de fotografía dirixidos á mocidade.
  • 046 Promoción do asociacionismo xuvenil.
  • 047 Elaboración de cosméticos como proxecto emprendedor.

  • 048 Hortas pedagóxicas municipais. Programa formativo e dinamizador para o cultivo de hortalizas con recoñecemento das mellores colleitas.
  • 049 Obradoiro-exposición para coñecer e tratar plantas e cogomelos. Con andainas botánicas para coñecer a flora local e aprender sobre plantas medicinais e tradicionais.
  • 050 Talleres de dermocosmética natural, preparación de macerados, aceites esenciais, xabóns e champús sólidos naturais e uso da fitoterapia e as plantas medicinais.
  • 051 Coidados comúns das plantas do fogar.
  • 052 Programación de actividades de mellora ambiental: limpeza de espazos naturais, recollida, reciclaxe, mellora da imaxe de colectores e papeleiras.
  • 053 Charlas sobre a contaminación para a mellora de prácticas e hábitos da mocidade: boas prácticas para a eliminación da contaminación ambiental.
  • 054 Voluntariado para plantar e apadriñar árbores e mellorar a biodiversidade en espazos degradados.
  • 055 Xornadas de andainas polas zonas verdes contiguas á cidade de Santiago: sendeirismo, xogos, recollida e reciclaxe de lixo, etc.

  • 056 Programa: tapóns creativos. Recollida de plásticos en entidades, empresas, espazos e instalacións da cidade para a realización de talleres de reutilización (precious plastic, por exemplo).
  • 057 Taller de fabricación de papel artesanal e de encadernación.
  • 058 Feira-rastro para darlle unha segunda vida a obxectos e prendas (economía circular).

  • 059 Cociña solidaria. Talleres de comida artesanal dirixida ao máis novos con finalidade benéfica.
  • 060 Obradoiros (taller, obradoiro,...) de bocadillos con produto local, san e saudable.
  • 061 Xornadas de cociña tradicional, gastronomía e cultura galega dirixida á mocidade.
  • 062 Feira para o intercambio cultural gastronómico internacional.
  • 063 ABC da túa Cociña: O teu taller de cociña saudable e fácil.

  • 064 Festival (obradoiros e charlas) Tecnolóxico en Santiago de Compostela: informática, robótica, intelixencia artificial... incluíndo drons ou con robots móbiles.
  • 065 Santiago-xoga, pensamento estratéxico e creatividade: encontro de videoxogos, xogos de mesa e de rol para a mocidade.
  • 066 Evento Gaming en Compostela.

  • 067 Obradoiros gratuítos para a promoción de deportes de raquetas: tenis, pádel, bádminton, entre outros.
  • 068 Obradoiro de fomento da práctica de balonmán.
  • 069 Xornadas de xadrez.
  • 070 Promoción de actividade deportiva no rural e entorno natural de Santiago: carreira ou similar.
  • 071 Rutas a cabalo por sitios de interese de Santiago que dea a coñecer o patrimonio, o rural, etc.
  • 072 Ruta ciclista solidaria que axude, a súa vez, a visibilidade de demandas sociais actuais.
  • 073 #MoveCompostela. Exhibicións con actividades culturais de deportes minoritarios e singulares: fútbol gaélico, capoeira, esgrima, béisbol, etc.
  • 074 Programación de charlas, con entrevistas, de deportistas profesionais de diferentes disciplinas. O obxectivo é orientar, motivar e fomentar a práctica deportiva.
  • 075 ParroquiOlimpíadas. Deportes e xogos tradicionais, xogos de habilidades, actividades culturais con probas, ... con xornadas de encontro e coñecemento.

  • 076 Charlas divulgativas para a mocidade relacionadas con educación afectivo-sexual, prevención e capacitación sobre violencia de xénero.
  • 077 O disco máis triste. Gravación dun disco para sensibilización contra a violencia de xénero.
  • 078 A Compostela das mulleres. O patrimonio de Compostela dende a perspectiva de xénero.
  • 079 Iniciativa artística que recree diferentes casos relacionados coa igualdade desde un punto de vista interxeracional.
  • 080 Talleres de corresponsabilidades domésticas inclusivas e integradoras.
  • 081 Actividades deportivas mixtas que promovan a igualdade e valores de solidariedade.
  • 082 Taller de defensa persoal dirixido a mulleres.
  • 083 Construíndo pontes. Espazo creativo para o fomento da igualdade e a inclusión (mural, exposición, ...).
  • 084 Maior implantación de puntos lilas nas festas.
  • 085 Rutas LGTB. Poñer o foco en figuras LGBT relevantes da historia de Galicia de maneira divertida e amena que dea conta das realidades silenciadas.
  • 086 Feira-plataforma de artistas Queer e LGBT: cine, teatro e poesía, música, deseño, artes plásticas, performativas.

  • 087 Talleres escolares de lingua de signos.
  • 088 Encontro intercultural inclusivo dirixido á mocidade.
  • 089 Documental Tuxeleires Rugby Inclusivo.
  • 090 Campamento inclusivo. Promoción de actividades para a mocidade con algún tipo de discapacidade.
  • 091 Excursións culturais inclusivas e integradoras a sitios de interese de Galicia.
  • 092 Programa de voluntariado e sensibilización sobre a situación das persoas en risco de exclusión (sen fogarismo).
  • 093 Voluntariado para asistir a residencias/hospitais para acompañar a pacientes.
  • 094 Actividades de voluntariado de coidado de nenas e nenos.
  • 095 “Ao teu carón”. Voluntariado de acompañamento e lecer con persoas maiores a través de actividades: clases de música, pintura, paseos, etc.

  • 096 Programación de charlas divulgativas e actividades de apoio relacionadas coa saúde mental da mocidade.
  • 097 Cursos de primeiros auxilios dirixidos á mocidade.
  • 098 Programación de actividades e técnicas de relaxación para a mocidade.

  • 099 Feira de adopción de animais.
  • 100 Voluntariado de coidado e atención aos animais, especialmente de cans e gatos.
  • 101 Voluntariado para pasear mascotas (cans,...), especialmente dirixido a persoas con dificultades para a mobilidade.
  • 102 Exposición fotográfica/artística na defensa dos animais.
  • 103 Xornadas na Defensa dos Animais.